Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran interese por participar no Torneo de Base EON Burela FS que terá lugar na Mariña

Nota de prensa

O I TORNEO DE BASE EON BURELA FS SUSCITA NOTABLE INTERESE

Numerosos clubs, dende diferentes puntos do territorio español, amosaron interese por participar na primeira edición do Torneo de Base EON Burela FS que terá lugar na comarca da Mariña entre o 1 e o 3 de xullo.

Ante a expectativa suscitada a organización decidiu ampliar o prazo de inscrición ata o venres 17 de xuño, posto que xa contactaron coa entidade laranxa equipos non só da bisbarra mariñá e doutras zonas galegas, como Sarria, Betanzos, Ferrol, A Coruña ou Vigo, senón tamén doutras rexións, como Madrid ou Murcia.

O torneo reunirá as categorías de Benxamín (2002-01), Alevín (2000-1999), Infantil (1998-97) e Cadete (1996-95) nunha competición que establecerá o sistema de dúas fases, de grupos e final, e se distribuirá entre os pavillóns burelaos de Vista Alegre e Monte Castelo, o cervense de San Cibrao e o de Marzán, en Foz. O prezo da inscrición será de 120 euros para os equipos que manteñen convenio de colaboración co CD Burela FS e 150 para o resto.

As escolas e clubs interesados poden recibir máis información na sede do CD Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, 982 58 18 15).

Exit mobile version