Nota de prensa
Concellería de Cultura de Lourenzá.
Nesta ocasión, desexo felicitar aos nenos laurentinos que resultaron premiados na fase provincial do Certame de Narración e Debuxo “Letras Galegas 2011”, que xiraba en torno á temática É MENTIRA nesta edición, e da que o xurado vén de facer público o listado de gañadores. Trátanse de Codés Lillo Irimia, gañadora do 1º Premio da Categoría C de Narración; e Fátima Reino Reigosa, que obtivo un accesit nesa mesma categoría.
Na categoría B de Narracción, obtiveron cadanseu accesit os nenos Javier Álvarez Méndez e Iván García Álvarez. E xa na categoría A, tamén en Narración, Antía Lillo Irimia resultou agraciada co 2º Premio.
Todos eles deben acudir á Biblioteca Provincial de Lugo, o vindeiro mércores, 29 de xuño, onde terá lugar ás 18:00 horas, o acto de entrega de premios a tódolos nenos da provincia que resultaron elexidos nesta convocatoria.