Nota de prensa
BURELA
O pleno para a constitución da nova Corporación Municipal de Burela queda posposto para o vindeiro luns 13 de xuño ás 12 da maña, debido ao falecemento da nai do futuro alcalde, José María González Barcia. (Inicialmente a sesión estaba prevista para mañá sábado á mesma hora).
CERVO
MAÑÁ SÁBADO ÁS 12 DA MAÑÁ TERÁ LUGAR A CONSTITUCIÓN DA NOVA CORPORACIÓN MUNICIPAL E A INVESTIDURA DE ALFONSO VILLARESCOMO ALCALDE DE CERVO
Cervo, 10 de xuño de 2011.- Mañá sábado, terá lugar no salón de plenos do Concello a constitución da nova Corporación Municipal e a investidura de Alfonso Villares como alcalde de Cervo.
O rexedor en funcións convida a todos os veciños e veciñas a asistir “a este acto democrático de arranque da nova lexislatura local”. Villares lembra que “os plenos son de carácter público e todo aquel cidadán do municipio ou de fora del que o desexe pode asistir sempre que queira”