Area e Cinza
Dende hai xa uns cantos anos as luces do solsticio de verán xa non iluminan a noite de San Xoán nas vilas galegas, en concreto na miña e politicamente imposible realizalas. Andando por Burela todo o mundo por onde pasas,cando se vai achegando a festa, comenta a diminución das cacharelas e fogueiras de ese dia; e é que a xente demanda o antigo esplendor desta festa.
Nós, como estudantes e cidadáns interesados en promover esta festa decidimos realizar e organizar una pequena e humilde festa para ir recuperando esta tradición inmemorial. A verdade é que a localización estaba clara, como en moitas cidades costeiras galegas, as praias énchense de cacharelas nestas datas pero a actual normativa de bandeiras azuis das praias galegas impide este efecto. Posto que iso é un feito, decidimos tentar facer isto nunha praia da vila na que hai anos estaba prohibido bañarse xa que o tubo que elimina os fluídos que saen da E.D.A.R.
Desembocaba en dita praia; hoxe en dia xa non é así,pero inda así a afluencia é ben escasa, e posto que non ten bandeira azul e xa está chea de desperdicios e residuos parecíanos que non lle importaría o concello permitiríanos facela alí.
Decido isto, dirixímonos o concello (posterior o período electoral) para falar con o alcalde actual de Burela para saber a súa opinión e as posibilidades de realizada nese sito, pese as nosas expectativas o alcalde díxonos: “ si, veña adiante, facede una instancia e presentádea” ; e tal fixemos nós.
Como esperabamos as primeiras noticias viñeron da man da secretaria do concello que o ver a solicitude e ler “praia” ían denegar xa a solicitude maila non ter a bandeira azul nin estar recoñecida como praia por o propio concello, despois de falar detidamente prometeron mirar mais a fondo e falar con o Departamento de Costas para asegurarse de quen era a competencia da autorización. A seguinte noticia que nos comunicaron foi que o alcalde ordenou que o asunto se catalogara como “pendente” a 2 días da festa.
Namentres toda Galiza celebra esta festa que se remonta os albores da civilización mesma e en concellos coma Santiago se realizan cacharelas no medio das prazas, burela queda sen elas.
Aitor- Burela