Nota de prensa:
A deputada popular Emma Álvarez Chao critica a “chapuza feita co único fin de inaugurar unha obra poucos días antes das datas electorais sen estar rematada e que está a xerar máis problemas qe solucións”
O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, ESIXIR AO GOBERNO A SOLUCIÓN DO ENLACE DA A-8 COA N-634 EN LOURENZÁ POLA PERDA DE TEMPO QUE SUPÓN E OS PROBLEMAS VIARIOS QUE SE PRODUCEN
Na Proposición non de Lei aprobada tamén se solicita que, unha vez rematado o tramo Vilamar-Lourenzá, manter o enlace provisional na LU-153 a fin de darlle servicio aos concellos de Alfoz, Mondoñedo e Valadouro
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2011.- O Parlamento de Galicia, na sesión da Comisión de Ordenación Territorial celebrada hoxe, aprobou unha iniciativa do PPdeG na que se solicita á Xunta de Galicia esixir ao Goberno do Estado unha solución inmediata ao enlace provisional da Autovía do Cantábrico (A-8) ao seu paso por Lourenzá na súa conexión coa N-634 a través da estrada autonómica LU-153. A deputada popular Emma Álvarez Chao, encargada da defensa da iniciativa, recordou a “chapuza feita co único fin de inaugurar unha obra pouco antes de que a nova lei electoral prohibira as inauguracións oficiais dada a proximidade das eleccións, sen estar esta rematada e que está a xerar máis problemas que solucións”.
Álvarez Chao recordou así a inauguración o pasado mes de febreiro, de forma incompleta e tardía, de dous tramos da A-8, en concreto os de Barreiros-Vilamar e Vilamar-Lourenzá, este último posto en funcionamento sen estar rematado. “Parécenos que foi unha verdadeira falta de previsión por parte do Goberno central que tomou unha decisión de forma unilateral e foi comunicada á Xunta o día anterior a inauguración pese a ocupar unha estrada de titularidade autonómica e tampouco respectou a normativa que esixe ter un prazo fixado para instalacións provisionais” indicou a deputada popular.
PELIGROSIDADE E PERDA DE TEMPO
Emma Álvarez indicou que para o enlace provisional, feito para poder abrir o treito de 8 km incompleto, Fomento decidiu habilitar o carril da estrada LU-153 o que provoca que os vehículos cuio destino sexa Lourenzá, Trabada, Riotorto, Pastoriza, A Pontenova e parte de Barreiros teñen que facer un percorrido de ida e volta ata a rotonda que será o enlace da autovía. Esto trae como consecuencia unha “perda de tempo” e mesmo “ ao tratarse dunha pendente pronunciada e que é necesario collela en forma de “L” xa se produciron casos de perda de cargas en camións ou incremento da peligrosidade que mesmo pode empeorar a partir dos vindeiros meses cas caravanas que se producen” indicou a deputada popular.
Na Proposición non de Lei aprobada tamén se solicita que, unha vez rematado o tramo Vilamar-Lourenzá, manter o enlace provisional na LU-153 a fin de darlle servicio aos concellos de Alfoz, Mondoñedo e Valadouro como xa se reclamou nos plenos municipais destes Concellos.