Este vindeiro 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos baixo o lema “Para un futuro mais verde, os océanos contan contigo”. ADEGA xunto coa CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e a Federación Galega de Surf imos desenvolver na praia do Ancoradoiro (Muros) varias actividades sobre os impactos da grande cantidade de lixo antrópico que vertemos aos océanos. Visitaremos o ecosistema dunar e faremos unha limpeza selectiva da praia. Pola tarde compañeiros/as da CEMMA indicarannos os pasos a seguir para atender ao varamento dun cetaceo.
oceanos11Comezaremos ás 11h cunha pequena presentación dos problemas actuais dos océanos e sobre todo incidirase na grande cantidade de plásticos e residuos que albergan todos os mares do mundo, a súa orixe e as súas causas.
A seguir realizaremos unha limpeza da praia tendo especial precaución co ecosistema dunar, tentando non alterar a flora e a fauna destes hábitats. A retirada de lixo será manual e tentaremos recoller a maior cantidade posible de plástico e outros materiais de orixe antropoxénico que aparezan na praia, organizando este lixo en función da súa orixe. Concentraremos os refugallos en lugares determinados para facilitar a sua retirada por parte dos servizos de limpeza municipal.
Pola tarde e despois de xantar o presidente da CEMMA Alfredo López comentaranos as das tarefas se seguemento das poboacións de cetáceos e tartarugas mariñas que realiza a súa entidade eexplicaranos que facer no caso dun varamento.
Sairemos dende Compostela (local de ADEGA na Travesa dos basquiños 9, baixo) ás 10 da mañá compartilando os veículos cos voluntarios e voluntarias. A xornada en Muros comezará ás 11 horas aproximadamente no punto de encontro da praia do Ancoradoiro (o aparcadoiro).
Contamos contigo para facer dos nosos oceanos uns entornos mais verdes.