Nota de prensa
A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS DE FOZ AMOSA O SEU APOIO Á ESCOLA DE HOSTELERÍA DIANTE DAS INTENCIÓNS DA XUNTA DE SUPRIMIR O CICLO SUPERIOR DE RESTAURACIÓN.
Foz, 14 de xuño de 2011. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz amosa o seu apoio á Escola de Hostelería diante das intencións da Xunta de deixala sen o ciclo superior de restauración.
Desde ACIA Foz consideran que “antes de adoptar esta medida o lóxico sería abrir a matrícula e comprobar si se cumplen os ratios esixidos. Si se cubren as prazas habería que manter este ciclo, non podemos perder formación”. O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo, considera que “non ten sentido esta supresión xa que estamos falando dun centro que é referencia, funciona ben, e ademáis estamos nunha vila e nunha comarca turística, que precisa contar con este centro e con todos os seus ciclos para formar aos profesionais que traballarán nos hoteis, bares e restaurantes de toda A Mariña”.
Paleo lembra que esta posibilidade, a de suprimir, o ciclo superior de restauración, “terá tamén consecuencias negativas ademáis de para o alumnado para o profesorado, para o comedor dos alumnos de ESO e para o persoal de limpeza, pero sobre todo para a nosa hostelería, a de Foz e do resto da Mariña”. O presidente de ACIA Foz agarda que “se poida correxir esta situación coas xestións oportunas”.