Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de matrícula no IV Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela

Nota de prensa:
Xa está aberto o prazo de matrícula no IV Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, que terá lulgar do 18 ao 22 de xullo. O domingo 17, a Burela Blues Band fará un concerto de presentación ás 20:30 horas na casa da cultura.

Nesta edición, o Seminario voltará contar con 6 profesores encargados das distintas especialidades instrumentais, todos eles cunha ampla experiencia no mundo da interpretación e da docencia, sendo a maioría deles habituais neste seminario.

Por especialidades, estes serán os profesores do IV Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela:
Estes profesores contarán coa axuda de outros tres profesores de apoio da Escola de Música de Burela:
  • Silvia Amigo. Piano
  • Israel Arranz. Vibráfono e percusión.
  • Roberto Bouça. Instrumentos melódicos.
O xoves, teremos unha master class de guitarra a cargo de David Vázquez “Tato”, guitarrista dos Bakin Blues Band, que actuarán esa mesma noite na cafetería Atrezzo.

Cabe destacar que paralelamente á xornada de clases e ensaios haberá concertos nocturnos durante todos os días, como ocorreu en edicións anteriores. É por isto, que podemos dicir que non se trata só dun seminario, mais tamén dun festival de Jazz en toda regra que fixo posible que durante as tres edicións anteriores pasaran por Burela músicos e agrupacións destacadas do panorama musical do jazz.

Nesta cuarta edición contaremos cos seguintes concertos:
  • Domingo 17 de xullo. Concerto de presentación do seminario a cargo da Burela Blues Band, ás 20:30 h. no auditorio da casa da Cultura.
  • Luns 18 de xullo. Combo de “profes“. 22:00 h. Atrezzo Café.
  • Martes 19. Marosa Jazz Project. 22:00 h. Atrezzo Café
  • Mércores 20. Combos alumn@s. 22:00 h. Atrezzo Café
  • Xoves 21. Bakin Blues Band. 22:00 h. Atrezzo Café
  • Venres 22. Concerto de clausura a cargo do alumnado do seminario, ás 20:00 horas no auditorio da casa da cultura.
As persoas interesadas en asistir a este IV Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela poden porse en contacto coa organización a través do correo electrónico seminariojazzburela@gmail.com ou ben a través dos teléfonos 686435987 e 616995013.

Para máis información: www.seminariojazzburela.blogspot.com
Exit mobile version