Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación Rural Galega considera que a Xunta mostra desinterese polo agro na Semana Verde de Silleda

Nota de prensa:
A XUNTA DE GALIZA ESCENIFICA O SEU DESINTERESE POLO AGRO GALEGO NA SEMANA VERDE DE SILLEDA

O contido da feira alónxase das actividades produtivas claves e oriéntase cara actividade de lecer

Do 16 ao 19 de xuño de 2011 vaise celebrar en Silleda a 34ª Feira Internacional Semana Verde de Galliza. Segundo a propia Fundación Semana Verde de Galiza, que é a encargada da organización do evento, os seus primeiros dous fins son:

Contribuír ao desenvolvemento do sector agrario galego, a través de actividades feirais e de mercados agropecuarios.
Promover a cooperación público-privada no desenvolvemento de actividades feirais e promocionais no campo agrario, alimentario, industrial e comercial co obxecto de impulsar o avance continuo dos citados sectores.

Desde a Federación Rural Galega-FRUGA resúltanos moi chamativo, atendendo aos expositores presentes e ao programa de actividades deste ano, ten máis relevancia actividades como: equitación, mascotas e pequenos animais, artigos de decoración, antiguedades, xardinería, cociña, formación e tempo libre ou ferretería e bricolaxe que as de fomento da produción agraria e da súa transformación.

De todo isto dedúcese o que o Partido Popular entende por “desenvolvemento do sector agrario galego”, é dicir, darlle as costas aos nosos setores produtivos agrarios e da súa transformación e orientalo cara actividades de lecer. Desde a FRUGA pensamos que o rural galego é moito máis ca iso, que ten futuro e que debe estar ligado á produción agraria e á súa transformación como estratexias básicas para contribuir á recuperación económica do País e frear o despoboamento do rural.

Esta edición da Semana Verde de Silleda coincide co definitivo desmantelamento da finca de Bos, integrada no programa de mellora xenética de Galiza e que deu excelentes resultados nos últimos anos, concretamente nos adicados a mellora xenética de gando frisón galego.

Non debemos esquenzer que os mellores touros frisóns por indices xenéticos dependían en parte desta finca, tendo un papel primordial o touro Xacobeo, que mantiña o número un nos indices estatais e dos primeiros nos índices europeos. A día de hoxe case 4000 explotacións leiteiras estaban integradas nos programas de mellora xenética de Galiza, co cal podemos observar como a Consellería de Medio Rural está a traballar dunha forma totalmente arbitraria co fin de desmantelar un dos programas de melloras xenética con maior prestixio a nível europeo, aspecto este críticado por dirixentes do PP como o propio Romay Becaria.

Dende a FRUGA pensamos que a consellería de medio rural debe parar estes recortes nos programas de mellora xenética co fin de intentar mellorar a dificíl situación que están a vivir moitas explotacións leiteiras galegas.

Exit mobile version