Na Sala de Exposicións do Centro Cívico de Xove, o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Cultura Dolores Meitín e da autora da exposición Raquel Prieto, inauguro a Exposición “CAMPUS SAHARAUIS”. Trátase dunha exposición de 40 fotografías, de 60 x 40 cm., que recollen as vivencias de moitos anos e moitas visitas aos campamentos saharauis de Raquel Prieto. A Exposición vai estar aberta na Sala de Exposicións do Centro Cívico de Xove do 11 ao 26 de xuño, de 18:00 a 21:00 horas.