Nota de prensa
A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO CELEBRA MAÑÁ O SEU FESTIVAL DE FIN DE CURSO.
O festival deste ano está centrado no mundo do circo e arredor del xirará todo o espectáculo musical que están preparando as diferentes agrupacións que pasarán por riba do escenario do Auditorio Municipal Hernán Naval. “Ven sendo habitual todos os anos que haxa sorpresas, moita diversión pero sobre todo música, boa música”, segundo salientou Hugo García Presno, director da EMMeD de Ribadeo.
O responsable da EMMeD aproveitou a ocasión para agradecer a adicación e máis o esforzo “tanto das alumnas e alumnos do centro coma do profesorado durante todo o ano sen o cal non sería posíbel chegar a onde estamos”. Un satisfeito Hugo García engadiu que “a EMMeD de Ribadeo, tomando como base o modelo de escola de música que concebira no seu momento Hernán Naval, mantense coma un centro de referencia en todo o país, con ducias de actividades estábles ao longo do ano, cunha matrícula que aumenta ano a ano, con profesionais especialistas en cada unha das materias e ampliando a oferta educativa con novas materias en cada curso”.
O programa que van interpretar as alumnas e alumnos da EMMeD de Ribadeo así como as formacións participantes no concerto son as seguintes:
· Mix de Richard Clayderman……………….Arr.: Martín Bucki
· O golpe de Mondariz / Polca de Matos….……….Tradicional
· Fofó era una payaso……………….………Andrés Meseguer
· The entry of gladiators……………………….……Julius Fucik
· Gentry´s triunphal march………………………….Fred Jewell
· Danza china…………………………….…….P. I. Tchaikovski
· La gallina turuleca……….…………………………Arr.: Prisco
· En el auto de papá………………………Arr.: David Ballester
· Cómo me pica la nariz…………………..…Arr.: Hugo García
· The sabre dance..………………………..Aram Khachaturian
· Había una vez… ………………………………………….Miliki