Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Educación recúa e non elimina o ciclo de cociña no IES de FOZ

REFERENCIA

Educación rectifica e non elimina o cilco de cociña no IES de FOZ como anunciara o 10 de xuño de 2011 a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, que explicaba que a nova oferta era “máis completa, máis flexible e de maior calidade, que responde a unha estratexia de impulso destas ensinanzas”.

O Diario Oficial de Galicia no día de hoxe (martes 15 de xuño de 2011) fai pública a Orde do 13 xuño de 2011 da Consellería de Educación pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario, por curso completo e en modalidade presencial, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano académico 2011-2012

No tocante á Mariña lucense esta será a oferta formativa:

Burela

IES Monte Castelo

· Coidados auxiliares de enfermaría

· Animación de actividades físicas e deportivas

· Saúde ambiental

IES Perdouro

· Instalacións de telecomunicacións

· Mecanizado

· Perrucaría

· Xestión administrativa

· Administración e finanzas

· Desenvolvemento de produtos electrónicos

Cervo

IES Marqués de Sargadelos

· Química industria

Foz

IES de Foz

· Cociña e gastronomía

· Comercio

· Servizos en restauración

· Dirección de cociña

Mondoñedo

IES San Rosendo

· Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos

Ribadeo

CFEA Pedro Murias

· Produción agroecolóxica

CIFP Porta da Auga

· Carrozaría

· Electromecánica de vehículos automóbiles

· Instalacións eléctricas e automáticas

· Automoción

IES Dionisio Gamallo Fierros

· Educación infantil

IES Porta da Auga

· Xestión administrativa

· Administración e finanzas

IES María Sarmiento

· Carrozaría

· Electromecánica de vehículos automóbiles

· Instalacións eléctricas e automáticas

· Soldadura e caldeiraría

· Xestión administrativa

· Administración e finanzas

· Sistemas electrotécnicos e automatizados Xove

· IES Illa de Sarón CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes

Exit mobile version