Nota de prensa:
A CIG ENSINO CONVOCA UNHA REUNIÓN PARA FALAR DO NOVO SISTEMA DE ACCESO
Ribadeo, 9 de xuño de 2011.- A CIG-Ensino convoca a todo o profesorado interesado así como a persoas que preparen oposicións a docentes a unha xuntanza para falar do borrador do novo sistema de acceso presentado polo Ministerio de Educación. A reunión será o próximo luns, dia 13 de xuño, ás 19:00 horas no Local da CIG en Burela (Arcadio Pardiñas, 137, 2º).
O novo sistema de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades é totalmente distinto ao que actualmente está vixente de forma transitoria e distinto tamén ao que estaba previsto implantar a partir do 2012.
A CIG-Ensino convoca esta reunión non só para informar senón, sobre todo, para coñecer as opinións e propostas do profesorado así como dos opositores e opositoras.