Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG-Ensino congratúlase de que continúe o ciclo de cociña en Foz

Nota de prensa:

A CIG-ENSINO CONGRATULASE DE QUE FINALMENTE O IES DE FOZ CONTINÚE CO CICLO
FORMATIVO DE COCIÑA E RESTAURACIÓN

A Consellería de Educación está a levar a cabo unha política de redución constante no ensino público e vulnera as canles de negociación.

A CIG-Ensino felicita á comunidade educativa do IES de Foz, e por extensión á toda a comarca da Mariña, polo mantemento nese centro do ciclo formativo de cociña, algo que se conseguiu grazas á mobilización conxunta que se levou a cabo. Parece claro que de non ser así, a desaparición deste ciclo pasaría desapercibida e a Consellaría de Educación non se vería na obriga de rectificar.

Na concentración de hoxe, diante do instituto, os presentes solidarizámonos cos demais centros de Galiza nos que se eliminan outros 3 ciclos formativos, tal e como aparece reflectido no DOG de hoxe. Desde a CIG-Ensino instamos á Consellaría a dar marcha atrás, tamén neses casos, por varias razóns:

1º Foi unha decisión autoritaria, prepotente e ilegal, dado que só pasou o borrador de orde polo Consello de Formación Profesional, e non pola Mesa Sectorial de Educación, desprezando así as organizacións sindicais, lexítimos representantes do profesorado.

2º Moitos destes ciclos non teñen problema de matrícula, como era o caso do ciclo do IES de Foz que se suprimía. Contrasta isto coa subvención anual duns 13.177.000EUR que outorga todos os anos aos centros privados concertados, moitos deles con escasa matrícula nalgúns ciclos.

3º A Consellaría de Educación non espera sequera a coñecer a matrícula que terán estes centros, polo que condena ao alumnado a desprazarse para estudar un ciclo formativo, ou mesmo a non poder estudalo por falta de prazas. Reduce a oferta e non atende as numerosas solicitudes de ampliación, dada a demanda.

Exit mobile version