Nota de prensa
A Aula Universitaria da UNED de Viveiro en colaboración co Concello de Viveiro organiza por séptimo ano consecutivo a XXII edición de Cursos de Verán da Universidade Nacional de Educación a Distancia.
Os cursos a celebrar serán:
Psicoloxía do deporte e alto rendimento do 6 ó 8 de xullo que será emitido dende Viveiro por videoconferencia ás Aulas de Foz e Monforte e ó Centro Asociado de Lugo e cuio obxectivo fundamental é dar a coñecer o papel do psicólogo do deporte dende distintas perspectivas. Reservadas 45 prazas para Formación Permanente do Profesorado da Xunta de Galicia.
enREDado: Robótica fácil con LEGO NXT do 11 ó 13 de xullo cuio obxectivo primordial é enfatizar o carácter educativo e formativo da robótica aplicandoo na educación primaria, secundaria e formación profesional e sobre todo para desenrrolar na aula de tecnoloxía de forma sinxela. Reservadas 9 prazas para Formación Permanente do Profesorado da Xunta de Galicia.
Ámbolos doús cursos están recoñecidos para o Profesorado de Ensino de Primaria e Secundaria con 2 créditos polo MEC, 2 créditos UNED de libre configuración, 1 crédito ECTS e como actividade de Formación Permanente do Profesorado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
O profesorado autorizado a inscribirse en actividades de Formación do Profesorado é aquel que presta os seus servizos nos centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en centros privados concertados.
Criterios de admisión nas actividades de formación
Pertencer ao ámbito do Centro de Formación e Recursos ou demarcación específica sinalada na convocatoria.
Estar impartindo a etapa, a materia, a área ou o ciclo aos que vai destinada a actividade de formación.
Ser persoa funcionaria de carreira, funcionaria en prácticas, persoal interino, persoal laboral ou contratado.
Distribución proporcional entre o profesorado de educación infantil, primaria e secundaria, no caso de actividades destinadas a todos os niveis.
Proximidade do centro de traballo á localidade de celebración, no caso de actividades que se repitan en diferentes comarcas.
Non ter participado na mesma actividade en anos anteriores.
Non poderá participar en actividades de formación permanente o persoal docente en situación de baixa ou de incapacidade laboral transitoria.
Aqueloutros criterios específicos sinalados na convocatoria da actividade.
Ó longo da semana do 11 ó 15 de xullo desenrrolarase por videoconferencia nas Aulas de Viveiro, Foz, Monforte e Centro Asociado de Lugo o primer curso de verán sobre redes sociales e primer Workshop de investigación en análisis de Redes Sociales e a súa relación co desenrrolo territorial e o marketing dixital titulado ¿Qué son e para qué sirven as redes sociales?.
Para máis información dirixirse a:
Centro Asociado de Lugo 982 28 02 02/info@lugo.uned.es
Aula Universitaria Viveiro 982 56 36 01/viveiro@lugo.uned.es
Aula Universitaria Monforte 982 41 62 36/Monforte@lugo.uned.es
Aula Universitaria Foz 982 13 36 99 / foz @lugo.uned.es