Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CEMIT de Burela imparte tres cursos de alfabetización dixital en xullo

Nota de prensa

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE BURELA COMEZARÁ A IMPARTIR 3 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 4 AO 10 XULLO

Burela, 23 de xuño de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela comezará 3 cursos na vindeira semana.
O 4 de xullo comezará o curso “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática”, co que se pretende dotar, aos asistentes, das destrezas necesarias para manexar un ordenador dun xeito básico. Dito curso rematará o vindeiro 14 de xullo. O horario será de 12:30 a 13:30 horas.
O día 5 comezarase a impartir o curso “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet”, co que se pretende amosar a navegación por Internet co navegador libre “Mozilla Firefox”. Este curso rematará o 19 e o seu horario será de 18:30 a 20:00 horas.
E finalmente, o vindeiro 6 de xullo comezará o curso “Alfabetización dixital: Correo electrónico”, co que se amosará a crear unha conta de correo electrónico e como enviar e recibir correos. Esta actividade rematará o 12 de xullo e o seu horario será de 11 a 12:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:

Exit mobile version