Nota de prensa
Nota de prensa da APA do Colegio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo.
A APA do Colegio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo celebrou a festa de fin de curso entre os seus asociados.
Foi na área recreativa do Monte Santa Cruz de Ribadeo e nela participaron unhas 80 persoas entre nenos e adultos.
Foi unha gran xornada de convivencia. Dende as 11.30 h e ata as 12.00 da noite se disfrutou dunha gran xornada. Xogos tradicionais, organizados por animadores profesionais, baile con aros, canicas, chapas, tiro da corda, carreiras de cabalos, a carretilla, comida campestre e máis tarde, música, baile e karaoke ata medianoite.
Un gran disfrute para os nenos, pero tamén para os seus pais, que compartiron os xogos con eles, algo pouco habitual nos últimos tempos.
Os asistentes xa acordaron celebrar outra festa similar o vindeiro ano.
Pero esta APA non remata aquí o curso, e prevé organizar unha charla e unha observación astrolóxica para o mes de xullo. Será na casa da Ría, sita no propio monte Santa Cruz e á que poderán asistir todo-los seus asociados.