Nota de prena:
A ACTRIZ MARÍA BARCALA OFRECERÁ UN CURSO DE INTERPRETACIÓN NA CASA DA CULTURA DE BURELA
Os días 2, 9, 16 e 23 de xullo, a actriz de Teatro do Atlántico compartirá cos alumnos e alumnas que asistan o seu xeito de abordar a interpretación
LUGO, 23 de xuño de 2011. O proxecto teatral Buxiganga continúa desenvolvendo actividades en toda a provincia, incluída a zona da Mariña, na que esta iniciativa de teatro afeccionado está tendo unha moi boa acollida tanto por parte do público que asiste ás representacións como dos propios actores e actrices. O vindeiro mes de xullo, a actriz María Barcala ofrecerá un curso de interpretación na casa da cultura de Burela para todos aqueles actores e actrices que desexen aprender do seu xeito de abordar a interpretación.
María Barcala é Co-directora de la Compañía Teatro do Atlántico (Culleredo – A Coruña, creada en 1985), ha trabajado con las siguientes compañías teatrales: Teatro da Mari-Gaila, Teatro do Noroeste e Itaca Teatro (Santiago de Compostela), Teatro Guirigai (Madrid) y Centro Dramático Gallego (Santiago de Compostela). Por outra banda, a súa compañeira de reparto na última montaxe da compañía Teatro do Atlántico, Lucía Regueiro, impartirá o seguinte curso de Buxiganga na Mariña, que se desenvolverá os días 3, 9, 16 e 23 de setembro, tamén en Burela.
Buxiganga é un proxecto teatral global, que conta con varias ramas e unha delas é este programa formativo para actores e actrices. Un dos grandes éxitos de Buxiganga é a creación de novos grupos, pasando a integrar o circuíto Buxiganga 22 grupos onde había 12 grupos de teatro cando comezou. Os cursos están impartidos por profesionais das diferentes especialidades de recoñecido prestixio a nivel nacional: ademais de Jorge Coira, impartirán cursos Avelino González ou María Barcala, entre outros.