O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, visitaron os colexios de San Miguel e San Cosme para entregar material escolar e un libro de lois Pereiro e conmemorar o día das Letras Galegas. Por outra banda, máis de 100 veciños de Barreiros participaron nunha viaxe a Cedeira e a San Andrés de Teixido . Todos desfrutaron dunha xornada moi agradable e dun bó xantar. Nesta nova saída acompañounos o alcalde, Alfonso Fuente, e outros membros do equipo de goberno do Concello de Barreiros.
Membros do goberno municipal de Barreiros participan nunha excursión e nun acto do día das Letras Galegas