Nota de prensa
UNIFOZ, antes de silenciar a campaña electoral, quere manifestar o seu apoio e solidaridade co MOVEMENTO 15M, no sentido da necesidade de políticas cercanas ós cidadáns que respondan ás dificultades que teñen os mesmos.
Non podemos ser pasivos vendo como a maioría da clase política preocúpase máis das acusacións mutuas, que da posta en común para dar solucións ás familias que agora mesmo están en situación de desemprego, ou pendentes de que lles chegue o servizo da Lei de Dependencia despois de anos esperando, vendo como a nosa xuventude non encontra posibilidade de inserción laboral….
UNIFOZ, cree que é o momento de apostar por formacións, que apostan pola verdadeira democracia, listas abertas, limitacións no tempo dos mandantos, e menos sobrebeneficios para os políticos (xuvilacións, pensións, salarios, gastos a discreción….).
UNIFOZ, aposta por un compromiso cercano ós cidadáns, por axudar ós que máis o necesitan, polo emprego estable, polo nosos maiores, pola nosa xuventude.
UNIFOZ, quere agradece o apoio mostrado polos veciños en todos os actos que se organizaron tanto en precampaña, como na propia campaña por esta Formación Política, así mesmo tamén agradecer á maioría das formacións políticas locais a campaña limpa e sen insultos na súa maioría, algo que UNIFOZ, pediu ó resto das forzas políticas dende a súa presentación.
Sexa cal sexa o resultado electoral que os veciños decidan, UNIFOZ, comprométese a traballar no diálogo e consenso para a Corporación Municipal, goberno e oposición, xuntos na mesma dirección.