Nota de prensa
XVIIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA
O Torneo, como é preceptivo, vai comezar antes da hora citada co quencemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:30 horas vaise abrir coa EXHIBICIÓN “PROGRESIÓNS XIMNÁSTICAS” a cargo de tódalas alumnas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove. Rematada a exhibición, vai comezar acompetición propiamente dita coa modalidade de conxuntos da categoría pre-benxamín. O orde de competición é o seguinte:
-Pre-Benxamín Conxuntos
-Benxamín Conxuntos
-Infantil Individual
-Alevín Conxuntos
-Cadete Individual
-Infantil Conxuntos
-Senior Individual
-Senior Individual Masculino
-Cadete Conxuntos
-Senior Conxuntos
Rematará o Torneo co desfile e a entrega de trofeos e medallas a tódolas participantes, acto que estará presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro.