Carta de agradecemento polos postos de traballo convocados no Concello de Foz.
Como veciño de Foz e cidadán do mundo quero agradecerlles a convocatoria publicada no Bop de Lugo en relación os 22 postos de traballo de carácter fixo que se propon dende o Concello de Foz.
En primeiro lugar, agradecerlle os Sindicatos CC.OO e UXT a súa aportación a esta “operación” inxusta de consolidación de emprego. Eles como sindicatos deben defender os dereitos dos traballadores, afialidos ou non. Neste caso, e no meu en concreto,afiliado (eso si por pouco tempo….) síntome ofendido xa que pa defender esta consolidacion de emprego en beneficio duns o que fan e perxudicar gravemente a outros. Explicome, ambos sindicatos que pactaron co Presidante do Goberno as nosas xubilacións, e agora, pactan no Concello de Foz as consolidacións de empregos públicos as que eu ainda que me presenten poucas ou nulas posiblidades teño de obtelas…senón remitolles a todos os cidadáns que lean a convocatoria e saquen conclusións….Non digo máis, simplemente preguntarlles a estes sindicatos e representantes como vou poder facer para xubilarme os 68 anos cando nin sequera teño a oportunidade de presentarme a un posto de traballo en igualdade de condicións que os traballadores de Foz?
Por outra parte preguntolles ¿Cando terei a oportunidade de poder entrar a traballar como o fixeron moitos deles?..sen examen aprobados, sen titulacións, sen estudios…. Grazas.
Por outra parte non entendo porque o Sr. Alcalde de Foz non se pronuncia en favor ou contra con este tema…Se recordan co Plan de Lugo Emprego o Sr. Alcalde pronunciouse varias veces nos medios valorando positivamente a creación deste postos de traballo…¿por qué non o fai cos que se convocan agora?…Ah!!!….non lembraba que pola lei Electoral non debe pronunciarse…será iso.
Grazas tamén, pola parte que lle corresponde, o noso Sr.Alcalde- Presidente do Concello de Foz e a Secretaria, como non, que permiten e redactan o contido das bases inxustas, claramente, e discriminatorias. Sen máis.
Grazas.