Nota de prensa:
O PAVILLÓN MUNICIPAL DA VEIGA ACOLLERÁ O VINDEIRO FIN DE SEMANA A FASE FINAL DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE FÚTBOL SALA EN IDADE ESCOLAR CATEGORÍA INFANTIL E A FASE PREVIA DA COPA DA MARIÑA DE FÚTBOL SALA EN IDADE ESCOLAR CATEGORÍA BENXAMÍN
Os responsables municipais presentaron hoxe ámbalas dúas competicións
Dende o Concello de Cervo apóstase polo fomento do deporte de base como medio de formación dos máis cativos
Cervo, 5 de maio de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o concelleiro de Deportes, Rubén Fernández, presentaron hoxe no Concello a fase final do campionato provincial de Deporte Escolar de fútbol sala categoría infantil e a fase previa da Copa da Mariña de fútbol sala de Deporte en Idade Escolar na categoría benxamín.
Sábado: Fase final provincial categoría infantil
As finais provinciais do Programa “Xogade” -posto en marcha pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da Delegación Territorial de Lugo e coa colaboración do Concello de Cervo- na súa modalidade de fútbol sala e categoría infantil darán comezo no pavillón da Veiga a partires das 11.00 da mañá.
O programa é o seguinte:
Campionatos Provincias De Deportes En Idade Escolar Lugo. Programa Xogade.
Dia 07/05/2011
Fútbol Sala. Finais Provinciais Infantil – San Cibrao – Cervo.
Horario de Mañá:
11:00: F.S. Burela “A” – Friol
12:00: EDM Chantada “A” – Fútbol Sala Burela “B”
Horario de Tarde:
16:00: 3º – 4º Posto.
17:00: Final
18:15: Entrega de Trofeos.
Esta é unha competición na que participaron un total de 524 nenos e nenas de toda a provincia ó longo dos últimos cinco meses e dela teñen saído rapaces que chegaron xa á División de Honra, caso de Xuxa, Óscar Iglesias ou Míguez.
Domingo: Fase previa da Copa da Mariña fútbol sala Benxamín
Ao día seguinte, domingo 8 de maio, o Pavillón Municipal de Deportes da Veiga acollerá a fase previa da Copa da Mariña de Fútbol sala de deporte en idade escolar na categoría benxamín.
Nesta competición participarán un total de 13 entidades:
P Covas A
Cidade de Viveiro
EDM Burela
E.D. Lourenzá
Burela B
Mondoñedo
Burela A
Santiago de Foz
P. Covas B
Xove
A Mariña
Pontenova
Cervo
As competicións darán comezo ás 9:30 da mañá e prolongaranse ata as 19:00 horas. Nesta fase previa clasifícanse o 1º de cada grupo para a fase final que se disputará en Burela o 21 de Maio.
Fomento do deporte de base
O alcalde e o concelleiro de Deportes de Cervo salientaron durante a presentación destes dous campionatos a importancia de fomentar este tipo de competicións “porque creemos que é moi importante potenciar a práctica do deporte de base non só na vertente competitiva, se non que é incluso aínda máis importante explotar a súa faceta como divertimento e de ferramenta que lles sirva aos máis cativos na súa formación e aprendizaxe en valores como a convivencia e o traballo en equipo” sinalaron.
Por último, valoraron moi positivamente que os organizadores destas dúas competicións escolleran Cervo para celebralas “porque iso demostra que dende o Concello estamos a traballar na boa liña e se nos ven a recoñecer o esforzo que estamos a facer nos últimos anos para potenciar a práctica do deporte de base entre os máis cativos” indicaron.