Site icon Crónica3.com A Mariña

Repoñen no Cenima en Foz un documental dos anos 40 das empresas de Damián López

Nota de prensa

Desde o Arquivo Municipal do Concello de Foz queremos convidarvos novamente á
*proxección do documental sobre as empresas de Damian López (Dalo)* o vindeiro
*sábado 28 de maio, ás 19 h*, no salón de actos do *CENIMA*. A película foi
grabada a finais dos anos 40, e financiada polo propio Damián, como ferramenta
promocional do ser grupo empresarial, principal motor económico do Foz daquela
época.

Este é o mesmo audiovisual que proxectamos con motivo da inauguración da
exposición “A Escola Náutico Pesqueira de Foz”, pero dado o éxito da iniciativa
e por aclamación popular, decidimos repetir a experiencia. Desta volta queremos
usala como pretexto para tratar de rescatar da memoria das xentes de Foz unha
parte do seu pasado, das súas vivencias persoais, para tratar de reconstruir a
súa historia, a historia do Foz que coñeceron e que agora só existe nas súas
lembranzas. É por isto que queremos animalos a que acudan a esta xuntanza a
botar unha parolada, e a ensinarnos ós máis novos cómo era a vida no pobo nos
seus tempos.

Exit mobile version