Nota de prensa:
Unha vez mais os xinetes do Valadouro desprazáronse a IV proba do Campionato Galego de Andadura organizado pola Federación Hípica Galega, nesta proba que se celebrou o pasado domingo no concello de Gondomar provincia de Pontevedra os xinetes percorreron un total de 600 quilómetros demostrando unha gran afección e sacrificio por este deporte, onde este sacrificio recompensado cos bos resultados obtidos:
-Modalidade de Trontóns en Andadura:
1º Manuel González con exemplar Capricho (25 puntos)
3º Víctor Fernández co exemplar Kliford (23 puntos)
4º Adrián Sixto co exemplar Shakira (22 puntos)
Dende APREVAL queremos darlle as grazas a estes xinetes do Val, polo esforzo tanto persoal e económico que están a facer para levar a cabo o campionato do 2011, xa que non estamos na mellores circunstancias.
Tamén queremos animar a todos os afeccionados e sen ser afeccionados o mundo ecuestre a acudir a VI Feira do Trece organizada pola asociación Ecudeportiva A Frouxeira que se celebrara no campo da depuradora na Parroquia de Carballido no concello de Alfoz.