Nota de prensa
A TAPA DA CERVERÍA-RAXERÍA PIZZBUR RECIBIU ESTA TARDE O PREMIO DO PÚBLICO NA VI EDICIÓN DO RIBADEO DE TAPEO. NO CONCELLO TIVO LUGAR A ENTREGA DE OBSEQUIOS AOS GALARDOADOS.
Ribadeo, 19 de maio de 2011. Esta tarde tivo lugar no salón de plenos do Concello a entrega dos premios do VI Ribadeo de tapeo. O alcalde, Fernando Suárez, agradeceu a todos a súa participación, a clientes e a hostaleiros e lembrou que nesta edición se venderon unhas 50.000 tapas.
Os larpeiros de ouro (é dicir aqueles que probaron todas as tapas do concurso) foron: Leopoldo Mediavilla Jardón, que levou un lote de produtos da oleoteca La Chinata de Ribadeo; Juan Villamil González, obsequiado cun lote de libros de cociña e Eva Méndez Iragorri, que obtivo un lote de produtos de Guidán. Outras tres persoas levaron outros tantos premios (por teren consumido alomenos 25 tapas das participantes). Foron José Riopedre Moreira, que disfrutará dunha fin de semana nunha casa de turismo rural; José Antonio López Alonso, recibiu un lote de produtos de perfumerías Arenal e Miguel Barcia García, que obtivo un lote de produtos de Bodegas Ribeirao.
O xurado da sexta edición do Ribadeo de tapeo elexiu coma tapas gañadoras as elaboradas polo restaurante La Solana (primeiro premio), bar Queimada (segundo premio) e Casa Pepe (terceiro premio). Todos recibiron un diploma e unha figura conmemorativa. O xurado concedéulle unha mención especial pola presentación da súa tapa e a súa posta en escea á cervexería-raxería Pizzbur, que tamén recibiu o premio do público.
Ademáis de todos estes premios tamén recibiron un diploma os outros sete finalistas: A.G Porcillán, La Botellería, El Cabás, bar Cantón, La Cervecería, El Duende e hotel restaurante Voar.