Site icon Crónica3.com A Mariña

Os institutos de San Cibrao e Xove celebran o Día das Letras Galegas xuntos

Arredor de 150 alumn@s dos IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao e Illa de Sarón de Xove, acudiron á representación do contacontos Cándido Pazó que se celebrou na Casa da Cultura de San Cibrao, para celebrar o Día das Letras Galegas e no marco das relacións de colaboración que estes institutos veñen desenvolvendo neste curso. Cándido Pazó fixo un discurso ameno, cheo de ocorrencias, divagacións, e chistes arredor da felicidade. O seu bo facer arrincou sorrisos e gargalladas e fixo as delicias dos xoves espectadores.

Exit mobile version