Site icon Crónica3.com A Mariña

Organizan en Barreiros un obradoiro de orientación laboral dirixido a menores de 30 anos

Nota de prensa

BARREIROS ACOLLERÁ  AO SÁBADO UN OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL DIRIXIDO A MOZOS E MOZAS MENORES DE 30 ANOS.

Barreiros, 23 de maio de 2011. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá o vindeiro sábado, 28 de maio, un obradoiro de orientación laboral dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos. Será impartido por José Manuel Vilaboi Lois, a partires das 11 da mañá.

Os interesados en inscribirse poden facelo xa na oficina de información xuvenil desde hoxe ata o xoves de 10 a 14 horas e de 17:30 a 19:30 horas.

Este obradoiro de orientación laboral está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta e pola Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros

Exit mobile version