Nota de prensa
O Valedor do Pobo acepta a trámite a queixa interporta por un dos afectados
do Lugo Emprega. Segundo a carta recibida desta institución, dan por admitida
a queixa por cumplir os requisitos e que atopa, en ppio, cobertura
constitucional.
Dende á institución, informan tamén que xa iniciaron os trámites
oportunos ante a Deputación de Lugo para que esta emita o informe
ao que se atopa obrigada.
Dende a plataforma, non podemos máis que sentirnos satisfeitos polas novas
que os afectados Lugo Emprega nos van transmitindo da súa loita contra o uso
electoralista de dito Plan. Seguimos animando a todo o mundo a reclamar os
dereitos, que pola Constitución e pola lexislación vixente, nos corresponden.