Site icon Crónica3.com A Mariña

O PXOM de Ribadeo sairá a exposición pública nos primeiros tempos do novo mandato

Nota de prensa:
O PXOM SAIRÁ A EXPOSICIÓN PÚBLICA NOS PRIMEIROS TEMPOS DO NOVO MANDATO, SEGUNDO O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ. HOXE TIVO LUGAR UNHA NOVA XUNTANZA DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO.

Ribadeo, 30 de maio de 2011. O Concello de Ribadeo segue a traballar con normalidade despois da celebración das pasadas eleccións municipais e antes da constitución da nova Corporación Municipal, así hoxe tivo lugar unha nova xuntanza da comisión informativa de urbanismo na que que participaron todos os portavoces municipais “para seguir avanzando na elaboración do plan xeral de ordenación municipal”.

Nada máis estea constituida a nova Corporación despois do 11 de xuño é intención do alcalde, Fernando Suárez, “seguir impulsando dito plan para que nos primeiros tempos do novo mandato se poida sacar a exposición pública e ir así avanzando para telo listo canto antes”.

O rexedor engade que “aínda que agora o novo goberno municipal terá maioría absoluta todos os grupos deberán estar presentes na elaboración e discusión do novo planeamento municipal. Queremos sacalo adiante co maior consenso posible, porque o plan xeral de ordenación municipal debe ser de todos”.

Exit mobile version