Nota de prensa
O PSOE DE CERVO PÍDELLE A VILLARES QUE NON CULPE ÓS VECIÑOS DO ATRASO DAS OBRAS CANDO SÓ RECLAMARON O QUE CREN SEU
-Aseguran que “estes veciños nunca se opuxeron a que o saneamento pasara por este camiño, só pedían ser informados entendendo o tramo da súa propiedade”
-Lara Méndez pregúntase “cómo o último treito da expropiación iniciada por Villares pode coincidir cun tramo do camiño cando o consideran terreo municipal”
CERVO, 12 DE MAIO. A candidata socialista á alcaldía de Cervo, Lara Méndez, tralas declaracións vertidas ós medios polo actual alcalde sobre o retraso nas obras do saneamento en Espiñeirido, asegura que “dende o grupo socialista cremos que calquera veciño ten dereito a reclamar en calquera momento o que cre seu. E recomendámoslle ó señor Alfonso Villares que se documente antes de comezar calquera proxecto sen fiarse de rumores e opinións, pois este veciño presentou a escritura deste tramo e o camiño segue en litixio para esclarecer a súa titularidade”.
Asimesmo, a socialista lembrou que “grazas á inoperancia e pasividade do señor alcalde, o procedemento segue aberto cando podía estar resolto e pechado dende hai un ano. Se se puxera as pilas e se preocupara do que se ten que preocupar non tería estes problemas”.
Lara Méndez subliñou ademais que “estes veciños nunca se opuxeron a que o saneamento pasara por este camiño, simplemente querían que polo menos se lles pedirá permiso, entendendo aquel tramo da súa propiedade”.
Expropiar o propio
A socialista, Lara Méndez, pídelle ó rexedor de Cervo “que nos explique as súas propias palabras porque non hai quen o entenda. Segundo di, grazas ós atrancos deste veciño, tivo que cambiar o trazado e iniciar un expediente de expropiación, e agora resulta que o último treito da expropiación coincide cun tramo do camiño en cuestión. Que me explique o señor Villares, despois de dicir textualmente que dende o Concello seguen mantendo que o camiño é público, cómo pode pretender expropiar un terreo que supón propiedade municipal”.
Méndez engadiu que “ademais de todo isto, que resulta bastante curioso, cabe recordar que o Sr. Villares esta a falar de finalizar unha actuación que xa ten certificada na súa totalidade, e a realidade é que non so non esta rematada, senón que houbo que facer outro proxecto con expropiación incluída para poder finalizar un proxecto iniciado dentro do PLAN E do 2009 e supostamente rematado, coma da a entender Alfonso Villares ao certificar o 100% da obra, co cal so caben dúas interpretacións ou non se entera de nada ou cando menos hai unha irregularidade no seu proceder.