Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz di que non se celebrou un debate na cadea Ser polo rexeitamento do resto de candidatos

Nota de prensa

O PSOE DE FOZ LAMENTA QUE O DEBATE ORGANIZADO NA CADENA SER NON SE LEVARA ADIANTE POLO REXEITAMENTO A ÚLTIMA HORA DO RESTO DE CANDIDATOS Á ALCALDÍA

-Sinalan que “despois de ter confirmada a súa asistencia, chamaron un por un á emisora pero ningún se dignou a avisar ós socialistas da súa decisión”

-Esperan que “nas próximas citas den a cara para que os veciños poidan comparar as ideas e propostas de cada candidato”

A Agrupación Socialista de Foz lamenta a actitude do resto de forzas políticas do Concello e dos seus candidatos por non asistir ó debate que tiñan organizado para a tarde de onte ás 21:00 horas na Cadena Ser Occidente.

Os socialistas sinalan que “despois de ter confirmada a súa asistencia, o resto dos candidatos á alcaldía chamaron un por un á cadena durante a tarde para comunicar a súa non asistencia. Nós chegamos á emisora sobre as 20:30 horas como tiñamos previsto e encontrámonos con ese panorama. Ningún deles se dignou a avisar ós socialistas da súa decisión”.

Dende o PSOE focense aseguran que “é unha lástima que esta iniciativa non  poidera levarse adiante. Cremos que os debates son a forma máis transparente da que dispoñen os veciños para elixir entre as diferentes opcións políticas tras comparar as ideas, propostas e solucións que cada candidato propón para os temas do noso concello”. E engadiron que “esperamos que nas próximas citas se dignen a dar a cara para explicarlles ós veciños o seu posicionamento e por qué queren optar á alcaldía do Concello de Foz”.

Exit mobile version