Nota de prensa
O PSOE DE CERVO TEME QUE O CONCELLO PERDA O SERVIZO DE POLICÍA LOCAL DEBIDO Á PASIVIDADE DO SEÑOR VILLARES
-Os socialistas subliñan que “se o perdemos, será moi difícil volver a recuperalo, xa que non é obrigatorio que os concellos de menos de 5.000 habitantes sexan dotados deste servizo”
CERVO, 7 DE MAIO. Dende o Grupo Municipal Socialista de Cervo lamentan que “o goberno popular que preside o señor Alfonso Villares, rexeitara no pasado pleno, unha enmenda na que lle solicitábamos que se preocupara de reforzar o servizo de policía local do que ata o de agora poidemos disfrutar”.
Os socialistas aseguran que “grazas á desidia e deixadez de funcións do señor alcalde, acabaremos perdendo este servizo. É unha mágoa que Villares non teña en conta a súa importancia, temos un corpo de policía local que ademais de controlar o tráfico, se preocupa da seguridade dos cidadáns e doutros moitos servizos dos que se benefician tódolos veciños”.
O grupo socialista sinala que “o señor Villares está intentando desmantelar un servizo moi necesario. O actual cabo da policía local do Concello está a punto de xubilarse, e quedaremos cun único policía e un auxiliar que non van poder cubrir as necesidades dos nosos veciños. Grazas a súa pasividade acabaremos perdendo o servizo e será moi difícil volver a recuperalo, xa que actualmente non se contempla a obrigatoriedade de dotar ós concellos de menos de 5.000 habitantes, coma Cervo, de policía local”.
Os socialistas esíxenlle ó rexedor popular que “se deixe de facer demagoxia e que se poña as pilas en temas relevantes coma este, que compete á seguridade dos veciños. Temos que conservar este servizo pero o señor Villares non se preocupa de mantelo e moito menos de melloralo. Por culpa da inoperancia e falta de interese do actual alcalde estamos perdendo en tódolos terreos, e os únicos perxudicados son os veciños de Cervo”.
A Pesares de estar a sufrir novamente unha oleada de roubos no Concello, concretamente na parroquia de San Roman que desgraciadamente non é a primeira vez, e ante esta situación o Sr. Villares lonxe de reforzar este servizo adicase a desmantélalo, dende o GMS moito nos tememos que a finalidade do equipo de goberno e a súa supresión.