Nota de prensa
Foz 7-5-20011.-O PSdG- PSOE presentou ante os medios o seu programa electoral ás
vindeiras eleccións de 22 de maio
destacando dentro do seu programa electoral un Pacto polo emprego no campo, coa
creación dunha cooperativa agraria que xere postos de traballo de carácter
estable a un numero importante de homes e mulleres, explotando a riqueza
agrícola, gandeira e artesanal de Foz.
A constitución e posta en marcha dun Centro de Formación Ocupacional Permanente
na nave municipal situada no Polígono Industrial, coa finalidade de brindar unha
variada oferta formativa gratuíta e con acceso a becas e axudas ás persoas
desempregadas do concello, que posibilite a súa futura inserción laboral.
Continuar co Plan de Emprego Municipal en marcha dende o 2010 e adquirindo o
compromiso de crear 35 postos de traballo ao ano e seguir potenciando a bolsa de
emprego municipal.
Estas dúas ultimas medidas xa están dando froito nesta lexislatura que remata-
comenta Pepe Rivera- pois xunto co Plan de emprega da Deputación fan que a taxa
de paro no Concello de Foz sexa a metade da media autonómica, pero que se ten
que seguir traballando para seguir rebaixando estas cifras.
Importancia ten tamén a conciliación da vida persoal familiar e laboral para o
PSdG- PSOE polo que impulsara a creación de unha nova escola infantil, de cero a
tres anos, no medio rural.
Outro dos puntos destacados dentro do programa electoral é a construcción e
posta en marcha dunha Residencia para Maiores con Centro de día, co fin de
garantir que os maiores de Foz teñan os mellores coidados no seu propio pobo.
Un pobo- di o alcaldable – que se merece ter unha entrada central preferente
polo que proxecta crear un enlace con glorieta dende o alto de Mañente ao campo
municipal de Malates.
A construcción de vivenda social no medio rural, a adaptación do Plan Xeral as
novas normativas e conseguir a súa aprobación, conquerir en colaboración coa
ACIA o centro comercial aberto, potenciar aarea do Bispo Santo coa creación duna
senda ecolóxica hasta a Basílica de San Martiño, o aproveitamento e de todas as
fontes e manantiais que hai no concello de Foz e a obrigación de facer plans de
calidade para a integración da inmigración , tamén ocupan- entre outras- un
lugar destacado no programa electoral do PSdG-PSOE.