O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comprométese a arranxar as pontes que foron destruídas polo fenómeno meteorolóxico
Yanes Ginzo logra o compromiso de Agustín Hernández para subsanar canto antes os desperfectos ocasionados pola tormenta ‘Doris’
Esta semana clasificaránse as actuacións por orde de prioridade e as obras comezaran de seguido
Os desperfectos da tormenta no municipio ascenden a máis dun millón de euros
Yanes Ginzo agradece o compromiso tanto do conselleiro, Agustín Hernández coma do presidente do PP de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, co concello de Trabada
Trabada, 3 de maio de 2011. O presidente dos populares de Trabada e candidato á reelección da Alcaldía, José Manuel Yanes Ginzo, conseguiu o compromiso do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para que se inicien o antes posible as obras necesarias para subsanar os desperfectos da tormenta ‘Doris’.
Agustín Hernández visitou o pasado domingo o concello, acompañado polo presidente provincial do Partido Popular, Xosé Manuel Barreiro e o secretario xeral provincial, Xosé Manuel Balseiro, para visitar in situ, da man do alcalde popular, os danos causados polo fenómeno meteorolóxico, que ascenden a máis dun millón de euros.
Trala visita ás zonas afectadas, os dirixentes mantiveron unha reunión cos veciños nas que se comprometeron a acometer unha actuación para subsanar os danos e poder así restaurar a normalidade na zona.
Así, nos vindeiros días trasladaráse á Consellería de Medio Ambiente unha relación das actuacións necesarias segundo a súa prioridade para comezar canto antes as actuacións.
Yanes Ginzo manifestou o seu agradecemento tanto ó conselleiro coma ó presidente e ó secretario xeral provincial do PP por achegarse a Trabada e traer solucións para os veciños e veciñas do concello.
Do mesmo xeito, agradeceu tamén a súa boa disposición para estar ao servizo das necesidades dos trabadenses e ser o único partido que se preocupa polo municipio, independientemente de que sexa epoca electoral ou non. Con respecto a isto, apuntou que outros en catro anos só foron unha vez a Trabada e foi para presentar a súa candidatura, como é o caso do presidente da Deputación de Lugo.