Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela incluirán no Patronato de EXPOMAR á Deputación

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR

O PP retomará inmediatamente o proxecto do Parque Empresarial.

Os populares incluirán no Patronato de EXPOMAR á Deputación Provincial.
Barcia afirma que Torrentes tiña que estar rematado hai tres anos

Burela, 20 de maio de 2011.- O Partido Popular de Burela afirmou hoxe que ó día seguiante das eleccións retomarán inmediatamente o proxecto do Parque Empresarial na zona de A Puida, para o que existe unha previsión de investimento por parte da Deputación, a través de SUPLUSA, de seis millóns de euros desde finais de 2006, e así consta nos presupostos provinciais do presunto ano.

O candidato dos populares, José María González Barcia, asegurou que a ausencia de traballo do alcalde e do bipartito tén levado a Burela a unha situación preocupante, porque teñen pasado catro anos sen que se fixera nada.

Barcia considera que gobernos populares na Deputación e no concello van posibilitar que o parque empresarial sexa realidade canto antes.

González Barcia asegurou tamén que o PP solicitará da Deputación a súa inclusión no patronato da Fundación EXPOMAR, porque a feira de mostras náutico-pesqueira por excelencia do norte de Galicia e do Cantábrico tén que contar coa presencia activa da Deputación, e non con esmolas do ente provincial.

Finalmente, Barcia dixo, en relación coa urbanización de Torrentes, que foi o PP quen deixou adxudicadas as obras de urbanización en abril de 2007, que contaban cun prazo de execución de un ano: catro anos despois, ainda están sen rematar, o que demostra a nefasta deixadez do alcalde e do bipartito.

Exit mobile version