Nota de prensa
PORTOS DE GALICIA E O SECTOR EMPRESARIAL LUCENSE APOSTAN POLO PROXECTO DE REORGANIZACIÓN DA ZONA PORTUARIA DE FOZ
Lugo, 19/05/11.- O presidente de Portos de Galicia, José M. Álvarez-Campana, e membros da dirección do Partido Popular reuníronse hoxe en Lugo cun importante grupo empresarial lucense coa finalizade de estudar o novo proxecto de reorganización da zona portuaria de Foz. A empresa mostrou a súa decidida aposta pola actuación, que suporía un investimento superior aos 10 millóns de euros e podería xerar un bo número de empregos directos e indirectos.
O ente público estuda a implantación do proxecto mediante unha concesión que se encargaría de pór en marcha a iniciativa, que dotaría ademais dun gran dinamismo a zona portuaria e a mesma vila de Foz. Pola súa banda, o grupo empresarial interesado na actuación é líder no sector e encárgase xa da xestión de varios portos galegos.
A partir do apoio decidido de Portos de Galicia e o interese amosado pola sector privado, o proxecto de reorganización da zona portuaria de Foz poderá converterse así nunha realidade inmediata, coa creación dunha contorna de extraordinario potencial e de primeira orde na Mariña.