Nota de prensa
O polémico vicepresidente envolto en diversas irregularidades
O PP PREGUNTA AO PSOE SE O MODELO DE XESTIÓN QUE DEFENDEN PARA O CONCELLO É O DE MANUEL CHAVES EN ANDALUCÍA
Gobernando a Junta de Andalucia multiplicou o número de parados, promoveu o despilfarro e amparou presuntos casos de corrupción: na xestión dos expedientes de regulación de emprego irregulares e nos diversos casos de nepotismo que o salpican.
Cervo, 13 de maio de 2011.- O Partido Popular de Cervo preguntou hoxe aos socialistas locais se o modelo de xestión política que defenden e propoñen para levar adiante no caso de acadar a responsabilidade de goberno municipal é o que caracterizou a Manuel Chavez en Andalucía.
Os populares consideran especialmente desacertado que a candidata socialista sitúe como “referente a seguir e gran estrela invitada do seu mitin” ao vicepresidente terceiro do Goberno de España, unha figura política envolta en múltiples polémicas, como consecuencia das irregularidades que caracterizan a súa xestión.
PREGUNTAS AO PSOE
“Estamos seguros de que os veciños queren saber se Lara Méndez desprezará aos desempregados como Chavez fixo amparando os expedientes de regulación de emprego que segundo a propia administración socialista recoñece, son irregulares, se privilexiará o nepotismo –como fixo o presidente da Junta de Andalucia, favorecendo aos seus familiares con axudas públicas e tras recibir comisións multimillonarias por contratar coa administración andaluza-. Pero sobre todo, o que nos gustaría saber a todos os cervenses é se o modelo de xestión política dos socialistas de Cervo ten algo que ver coa Andalucía que deixou Chavez, unha comunidade asfixiada polo paro, polo despilfarro, pola corrupción, pola carencia de fondos e pola crise”.