Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burrela di que potenciará a zona xeolóxica de Castrelo-O Perdouro coa construcción dun centro de interpretación

Nota de prensa

Os populares potenciarán a zona xeolóxica de Castrelo-O Perdouro coa construcción dun centro de interpretación .

Barcia anuncia que se ubicaría na antiga praia de Castrelo.
.

Burela, 18 de maio de 2011.- O PP de Burela potenciará a conservación e divulgación da zona xeolóxica de Castrelo-O Perdouro coa construcción dun Centro de Interpretación da zona, que pode servir paralelamente como sede física da Aula de Educación Ambiental GAIA. Esta actuación potenciaría considerablemente o desenvolvemento turístico do concello, ademáis de supoñer unha aposta polo medio ambiente.

O PP burelés, segundo o seu candidato José María González Barcia, apostou no seu día pola divulgación desta zona que se conformou hai cincocentos millóns de anos, así como pola educación ambiental, creando e poñendo en funcionamento a Aula de Educación Ambiental GAIA.

Agora, segundo Barcia, hai que darlle un novo impulso á zona xeolóxica, comenzando as xestións para a construcción dun centro de interpretación que tamén seviría como impulso turístico. González Barcia afirmou que o lugar de asentamento pode ser perfectamente a antiga praia de Castrelo, porque precisamente nela se atopa a zona de confluencia da Rasa Cantábrica co Batolito Granítico de San Cibrao, e financiaríase cun convenio a tres bandas Concello- Deputación-Xunta de Galicia.

O candidato popular considera que a aposta do bipartito polo turismo foi máis ben escasa, como o demostra que Costas non realizase ningunha obra en Burela en catro anos, e que a día de hoxe nada se saiba das obras dos edificios de salvamento e servicios nas praias de O Portelo e Ril, gran proxecto estrela do bipartito burelés hai catro anos.

Exit mobile version