Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela reúnese con empresarios para explicar o seu programa electoral

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR

González Barcia: “temos que ter parque empresarial nos vindeiros catro anos para asentar empresas e crear emprego”.

Os populares queren que o comercio burelés teña marca propia.
O candidato popular reúnese con empresarios para explicar o seu programa electoral.

Burela, 3 de maio de 2011.- O candidato do PP ás eleccións municipais do 22 de maio, José María González Barcia, reuniuse onte a última hora da tarde con empresarios e comerciantes nos locais da CEL na localidade burelesa. A finalidade da reunión consistía en explicar as liñas maestras do programa electoral do PP en materia económica, de emprego, comercio e industria, e recoller sugerencias dos asistentes.

González Barcia indicou que “o proxecto do PP pasa porque Burela volva a ter, no conxunto da Mariña e da provincia, o protagonismo que tivo hai anos e que agora semella que non existe”. Segundo Barcia, unha das patas dese proxecto, sen dúbida a máis importante, é a creación de emprego e de solo empresarial. Barcia indicou que hai que estar preparados para sair da crisis, e desde o concello hai que dar os pasos pertinentes a tal efecto. Por eso, indicou, “é primordial poñer a disposición dos emprendedores, nestes próximos catro anos, solo empresarial que permita asentar empresas e polo tanto crear postos de traballo; temos que recuperar o tempo perdido, e eso pasa por recuperar os compromisos contraidos no seu día coa Deputación para xenerar solo empresarial no Perdouro, desenvolvendo normativamente esta zona, e na Puida. Cómpre non esquecer que o compromiso xenerado no seu día coa Deputación pasaba por unha previsión de investimento de seis millòns de euros, e catro anos despois só se gastaron escasamente vinte mil euros en non se sabe que, pero non se fixo nada de nada. En catro anos temos que ter solo empresarial, e o PP está comprometido tanto desde o concello coma desde a Deputación”.

González Barcia non esqueceu a fortaleza do comercio burelés: “non está mal facer campañas de promoción, pero o comercio burelés precisa dunha marca que venda de forma unitaria o noso comercio, como pasa noutros concellos; eso fará máis forte o comercio local e axudará a crear emprego”.

No tocante ó emprego, o candidato do PP foi claro: “hai que apostar por dous camiños: aproveitar todo o que pode dar de si o Centro de Formación Ocupacional, con obradoiros de emprego e formación continuada, por un lado, e por outro levar a cabo actuacións co sector empresarial e comercial para aumentar a formación dos emprendedores e dos seus empregados”.

Exit mobile version