Nota de prensa
O PP arranca a campana cunha pegada mui concurrida.
Cincuenta persoas apoiaron ó candidato do PP na pegada de carteis.
Burela, 6 de maio de 2011.- O PP burelés iniciou a campaña electoral cunha pegada de carteis no parque Rosalía de Castro de Burela coa presencia de cincuenta afiliados e simpatizantes que apoiaron incondicional e decididamente ó candidato popular José María González Barcia.
Previamente, os populares celebraron unha reunión de afiliados na que se lles deu conta do programa de traballo que vai levar a cabo o partido durante os próximos quince días, e tamén dos actos máis importantes a celebrar.
O PP afronta a campaña co convencemento de que ningún outro partido político pode facer máis por Burela, e na seguridade de que a maioria absoluta está mui próxima.