Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela critica actuacións do alcalde

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR

O PP di que o alcalde quere usar os cartos de todos os galegos no seu beneficio.

Asegura que ningún representante da Xunta foi convidado ó acto de presentación .
Lembran que ainda non lle pagou vinte mil euros á Confraría de Pescadores.

Burela, 5 de maio de 2011.- O PP burelés manifestou hoxe que o alcalde e o bipartito burelés queren empregar os cartos de todos en beneficio propio, como o demostra que ó acto que se celebrará hoxe, de presentación de , non se teña convidado a ningún representante da Xunta, a pesares de que a edición está subvencionada precisamente pola Consellería do Mar, a través do Grupo de Acción Costeira. O proxecto custou 40.120’38€ dos que a Consellería do Mar aportou a metade, 20.060’19€. Para que logo digan que a Xunta de Feijoo non se porta ben con Burela, porque neste caso portouse demasiado ben.

Segundo os populares, esta forma de actuar demostra a falla de respecto institucional do alcalde e do bipartito, e demostra a baixeza política e moral da persoa do propio alcalde. Persoa que despois non tén ningún reparo, escondéndose nas siglas do PSOE, en insultar ás persoas que por exemplo no seu día falamos con José Blanco sobre o corredor Barreiros-San Cibrao ó seu paso por Burela.

Esta forma de actuar deixa ben ás claras a forma de ser do alcalde, e demostra tamén que quere convertir este acto de presentación dunha iniciativa que tén certo interese en acto de exaltación de si mesmo, como se el fose o descubridor do mundo do mar de Burela. Nada máis lonxe da realidade, porque esta iniciativa tén precedentes, o libro e dvd “Burela a bordo”, que se editou en 2005 cun goberno municipal do PP, e o traballo que a Confraría de Pescadores de Burela leva facendo desde hai ano e medio de forma calada sobre o mesmo asunto do traballo que hoxe se presenta.

Resulta lamentable esta actuación do alcalde, que ainda non lle pagou vinte mil euros á confraría de pescadores de Burela polo uso da nave de redes para a celebración de EXPOMAR hai dous anos e de PRODUART.

Exit mobile version