Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela agradece a confianza dos veciños que apostaron polo seu proxecto

Nota de prensa:
Os populares agradecen a confianza dos bureleses que apostaron polo seu proxecto político o pasado domingo.

O PP reúne mañán ó seu comité local para avaliar resultados e convocar unha asamblea de afiliados.
Barcia manterá conversas con Alfredo Llano para coñecer a situación real de algúns asuntos municipais de importancia.

Burela, 24 de maio de 2011.- O Partido Popular de Burela fixo público hoxe o seu agradecemento ó apoio prestado para o seu proxecto político para os vindeiros catros anos polos cidadáns que depositaron a súa confianza no PP. Os populares reiteraron o seu compromiso de gobernar para todos sen ningún xeito de exclusión, antepoñendo en todo momento a verdade e a transparencia.

Os populares convocaron para mañán, mércores, ás oito da tarde, unha reunión do seu comité local, no que se analizarán os resultados das eleccións e se informará da distribución do traballo dentro do equipo de goberno, entre outros asuntos, logo da reunión mantida pola candidatura no día de onte, luns.

O PP convocará en breve ós seus afiliados e simpatizantes a unha asamblea, para dar conta dos grandes asuntos que hai que tratar de inmediato, e fixar tamén a propia estratexia do partido para os próximos meses.

Por outra banda, González Barcia contactou con Alfredo Llano para manter conversas de cara a obter información sobre a situación real de algúns asuntos municipais de relevancia. A primeira reunión podería ter lugar mañán, mércores, nas dependencias municipais.

Exit mobile version