Nota de prensa
NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR
O PP aplicará de inmediato un plan de contención do gasto.
Os populares afirman que se pode reducir o gasto non productivo, como cartelería, libros, etc.
Consideran imprescindible o control das compras que fai o concello.
Burela, 6 de maio de 2011.- O PP burelés arranca a campaña electoral anunciando un dos puntos máis importantes do seu programa electoral, a aplicación inmediata dun plano de contención do gasto municipal.
Os populares consideran imprescindible aplicar este plan, para evitar o derroche e o despilfarro no que o bipartito meteu ó concello, como o demostra que a día 31 de decembro houbese dous millóns de euros en facturas pendientes de pago.
Os populares basean, entre outros aspectos, este plan en dúas cuestións. Por un lado, a reducción do gasto improductivo, como carteis, libros, etc., que se debe reducir en hasta un cincuenta por cento; en principio, os cartos que se recuperen destinaranse a pagar facturas atrasadas para tentar equilibrar a contabilidade municipal.
Ademais, pode e débese aforrar no consumo enerxético, controlando a iluminación dos edifícios e mesmo reducindo o tempo de encendido do alumiado. Mesmo haberá que ver se todos os recibos que agora mesmo está a pagar o concello lle corresponden realmente ó concello.
Unha segunda cuestión a ter en conta é o control das compras que efectúa o concello. Desde o PP pretenden centralizar todas as compras nunha comisión formada por un cargo político e un funcionario, para buscar os mellores precios. As compras estarían supervisadas pola Xunta de Compras, que estará formada por un membro de cada grupo político, e as secretaría e intervención municipais.
Para os populares, nestes momentos de crise económica hai que controlar o gasto público máis ca nunca, e ademais non se pode permitir que os proveedores do concello tarden hasta dez meses ou un ano en cobrar o que se lles adebeda.