NOTA DE PRENSA
O PP: “O bipartito burelés deixou de gastar 45.032’67€ mil euros en dependencia en 2010”.
Os populares aseguran que a Xunta multiplicou por catro o número de resolucións de dependencia en Burela.
Afirman que o bipartito, en vez de traballar, ataca á Xunta.
Burela, 6 de maio de 2011.- O PP burelés manifestou hoxe que o alcalde e o bipartito burelés deixaron de gastar algo máis de corenta e cinco mil euros durante 2010 en persoas dependentes, polo que teñen que dar explicacións ós veciños e veciñas que están nesa situación, xa que o mesmo aconteceu en 2009, cando tamén deixaron de gastar 49.460’24€ en dependencia e 9.136’57€ en servicio de axuda no fogar de carácter competitivo.
Para os populares, esta é a constatación de que o alcalde e o bipartito, en vez de traballar e solucionarlle os problemas á xente, o que único que fan é enfrontarse coa Xunta.
Ademais, desde o bipartito burelés están enganando á xente, porque a Xunta está aportando máis do que lle corresponde en materia de Dependencia, e se alguén tén que poñer máis cartos ese é o goberno de Zapatero, que está incumplinco as súas obrigas coas comunidades autónomas e mui especialmente con Galicia.
Os populares deron datos: hasta o un de maio de 2009, se tiñan presentado en Burela un total de 203 solicitudes, e a esa mesma data se tiñan feito 36 resolucións PIA. A día un de maio de 2011, e desde o un de maio de 2009, se tiñan presentado 86 novas solicitudes, e se tiñan producido 102 novas resolucións de PIA. É decir, o número de resolucións PIA multiplicouse por catro entre 2009 e 2011, porcentaxe mui superior ó incremento de solicitudes.
Polo tanto, o alcalde e o bipartito deberán explicar con detenemento cales son os motivos de que non gasten eses cartos, porque o que están a demostrar é que son capaces de usar este asunto con interés claramente electoal e partidista. A explicación é mui simple: non hai dirección política seria e traballadora nos servicios sociais de Burela, e eso que conta cun formidable equipo de profesionais, que demostraron a súa valía durante o goberno do PP e que agora están claramente desaproveitados.