Nota de prensa
PP de Burela: “Llano é o vacío, Touriño é o fracaso dos bipartitos e Rego é o engano ós veciños de Burela”.
Fernández Valle di que, “de haber bipartito en Burela, pode haber alcaldesa e non alcalde”.
Os populares agardan que Burela se decante por un equipo serio e traballador.
Burela, 18 de maio de 2011.- O PP burelés criticou hoxe ás persoas que interviron no mitin celebrado polo PSOE local no día de onte, “porque as persoas que interviron nin defenderon, nin defenden e nin defenderán a Burela e tamén representan o fracaso dos bipartitos. Touriño é o fracaso dos bipartitos, Rego é o engano ós veciños de Burela e LLano é o vacío”.
O número dous da candidatura do PP local e actual concelleiro, Manuel Fernández Valle, afirmou que “a presencia no mitin do PSOE local de persoas coma Touriño ou Ismael Rego non resulta nada convincente para os intereses do conxunto dos cidadáns de Burela. Se Ismael Rego se caracteriza por non ter feito nada por Burela, Touriño en catro anos de presidente da Xunta só apareceu por aquí unha vez, con motivo do temporal Klaus. Se Ismael Rego lle deu a espalda a Burela no seu momento, renunciando a ser alcalde para irse ó parlamento galego, Touriño é a demostración do fracaso dos gobernos bipartitos, neste caso o da Xunta, xa que non foi capaz de ofrecerlles ós galegos un proxecto coherente, senón despilfarro, falla de coordinación e ausencia de traballo: só nos deixou coches de gran cilindrada e despilfarro”.
Ademais, segundo Fernández Valle, o discurso de LLano é fiel reflexo de si mesmo: palabras vacías de contido, porque vacío de contido está o seu mandato, e vacío de contido está o seu traballo durante estes últimos catro anos. En todo caso, a Llano só lle queda aliarse co BNG, a non ser que o BNG esixa que xa que antes foi alcalde LLano agora o sexa Cando, que, todo hai que decilo, foi unha boa portavoz socialista durante os últimos catro anos”.
Manuel Fernández Valle finalizou decindo que os veciños de Burela preferirán o vindeiro día 22 a persoas comprometidas e que trasladan espíritu de equipo, cun proxecto único e serio, e que inspiran confianza, lonxe do que representan o PSOE e o BNG.