Nota de prensa
O GPPP acusa a Besteiro de pretender que os concellos adianten os cartos do Plan Extraordinario de Obra Pública
A Deputación modificou unilateralmente os convenios asinados con nove municipios da provincia
A decisión xerou gran preocupación nas administracións locais afectadas dado que pode perxudicar gravemente a súa liquidez, xa de por si moi precaria
Lugo, a 4 de maio de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular acusa á José Ramón Gómez Besteiro de tentar que os concellos sexan agora os que teñan que adiantar o pago das obras que lles prometeu a través dos convenios do Plan Extraordinario de Obra Pública.
Entenden os populares que o presidente da Deputación, “seguindo fehacientemente o proceder que caracteriza ós socialistas de prometer unha cousa e facer xusto a contraria”, intenta zaparse das obrigacións contraídas cos nove concellos beneficiados coas actuacións incluidas neste plan de obras modificando as condicións fixadas nos citados convenios. Unhas modificacións que causarían un grave perxuizo económico ós concellos posto que, segundo as pretensións da Deputación, serían eles os que deberían asumir o pago das certificacións de obra.
É dicir, a administración provincial, na vez de tentar aliviar o máis posible a complicada situación económica na que se atopan os concellos, tenta asfixialos aínda máis, facendo que sexan eles os que teñen que adiantar o pago dunhas obras comprometidas cun claro fin electoralista e partidista, posto que só un concello dos nove elexidos está gobernado polo Partido Popular.
Dende o GPPP recalcan que unha vez máis os feitos constatan que o bigoberno provincial só se preocupa de si mesmo e que, á mínima ocasión, dá as costas os concellos, “mesmo incluso aqueles cos que comparte color político”, e eso que, segundo pregonaba Gómez Besteiro, a Deputación ía ser o concello dos concellos.
Segundo explican os populares, os convenios asinados pola administración provincial e os concellos de Sarria, Monforte, Lugo, Vilalba, A Fonsagrada, Becerreá, Viveiro, Foz e Burela, por un montante global de preto de 10 millóns de euros, establecía que a Deputación non só financiaría as obras en cuestión, tamén asumiría a súa contratación, execución, control e recepción.
Pero agora, a administración promotora destas actuacións quere cambiar as regras do xogo e facer que sexan os concellos os que recepcionen as obras, é dicir, que adiante os cartos que o goberno provincial prometeu investir.
CAMBIO DE CRITERIOS
Así, na Xunta de Goberno da Deputación de 27 de decembro aprobouse un acordo no que, entre outras cousas, establecese o seguinte:
“2º.- Dispoñer que, de acordo co disposto na clausula 2ª-A-b do convenio asinado, a Deputación Provincial de Lugo realizará as actuacións de contratación, con base no establecido na D.A. 2ª-5 da Ley 30/2007, de contratos do sector público. Unha vez adxudicados os contratos, os concellos procederán á formalización dos mesmos e a Deputación Provincial transferirálles as cantidades precisas para o seu aboamento, dacordo co importe da adxudicación, que será a aportación máxima do organismo provincial, sendo de conta dos concellos os importes que poidan derivarse de modificacións contractuais, obras complementarias, liquidacións e calquera outra cantidade que incremente a aportación incialmente fixada.
Unha vez rematadas as obras deberá procederse á xustificación das cantidades tranferidas mediante a aportación por parte do Concello da seguinte docuemntación:
acta de recepción da obra
certificacións de obra, aprobadas e aboadas.
De non procederse á xustificación no prazo de tres meses posteriores ao plazo de finalización da obra, de acordo co establecido no proxecto ou na memoria técnica, procederá o reintegro á Deputación Provincial de Lugo das cantidades non empregadas”.
Segundo este acordo, que só en parte lles foi comunicado ós concellos asinantes dos convenios hai escasamente quince días, estase incumplindo a lexislación vixente, dado que os concellos non poden formalizar o contrato dunha obra que está adxudicada por outra administración.
Ademais, estase a incumplir o propio convenio, porque por actuacións de contratación debe entenderse o procedemento de licitación, adxudicación e sinatura de contrato.
A maiores, o convenio non aclara o tempo máximo no que a Deputación transferirá os cartos, co que os concellos poden verse na obriga de adiantalos para poder abonar as primeiras certificacións de obra, agravando deste xeito a súa situación de precaria liquidez actual.
Esta situación, totalmente novedosa con respecto ós convenios inicialmente asinados en decembro, está a provocar moita preocupación nos concellos afectados, dado que se está a producir unha enorme inseguridade xurídica. A Deputación, de feito, está a ter multitude de chamadas solicitando aclaración ó respecto, porque a situación pode agravarse máis aínda no caso de obras de importe inferior a 60.000 euros, posto que pola súa cuantía non precisan contrato e aboanse contra factura.
Dende o GPPP insisten en que esta forma de actuar de Besteiro pon en risco a legalidade do procedemento, e sobre de todo pode perxudicar gravemente a liquidez dos concellos.