Nota de prensa:
Aymerich participará no mitin do BNG de Xove
O Bloque Nacionalista Galego organiza o vindeiro martes 10 de maio, ás 21:00 horas, o seu mitin central no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Está prevista a presenza do cabeza de lista, Marco López, do número dous da candidatura, Xosé Hermida, e mais do doutor en Dereito e portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich.
Desde o Bloque xovense queren trasladarlle á cidadanía o “compromiso do Bloque con Xove”. Marco López declarou que no mitin do próximo martes explicaranlle aos veciños as accións que, de gobernar, poñerán en marcha para superar a actual parálise do goberno municipal. López manifestou que o seu obxectivo é que o Concello de Xove “sexa algo máis que unha comisión de festas, unha axencia de viaxes ou unha empresa de cátering”.
O candidato do Bloque á alcaldía asegurou que no BNG de Xove “traballamos como unha forza con vocación de goberno, estudando a diario as medidas políticas que se poden levar a cabo para conseguir unha solución aos problemas reais do municipio”.