Nota de prensa
O vento sumouse a festa e fixo algunha das súas entros palanadores que tiveron que afinar moito os seus golpexos para que a billarda non escoregase fora da pista.
Agardábanse unha morea de varados, xa que a pista de Remourelle era propicia para intentar o asalto o liderato, mais houbo que conformarse con asegurar un bo tiro sin excesivas arroutadas; de feito so se conseguiu un Varado na tarde e non tivo consecuencias na clasificación. Miguel, palanador dos Billardeiros Musicais foi o que o logrou e Daniel, tamen dos Billardeiros Musicais o que consigue ser CAMPION DE VARADOS DA CONFERENCIA NORLESTE 2010/2011
A verdadeira loita estaba no campionato individual. A sorte deparou que queradan encadrados dous dos aspirantes ao título no mismo grupo. Guille e Daniel (1º e 3ª separados por cinco puntos finais, ainda que 22 reais) acompañaban a Eric, Franco e Flores nun dificil grupo, mentres que o terceiro en discordia, Xan Rodiño, formaba grupo con Alvaro, Bea, Reyes e Mondoñedo.
Ao remate das tres carreiras Guille non foi quen de pasar o corte, errou nun tiro non dos mais difíciles e foi o acerto do seu compañeiro de equipo Eric o que o chimpou fora quedando a espensas dos resultados que acadasen os seus rivais.
En cuartos de finais enfrontábanse Daniel e Xan Rodiño co que o que perdera remataba tamén cas posibilidades de triunfo final. Carreira tras carreira ficaban empatados, anotaba un e anotaba o outro. Hasta tres carreiras mais houbo que disputar para que finalmente fora Daniel quen acadara o pase a semifinais. Ainda lle faltaban moitos puntos para superar a Guille, pero estaba nas súas mans o conseguilo e podía facelo. Plantóuse na final superando a Miguel e segundo os cálculos oficiosos con tres puntos mais era campión.
A final enfrontou a Daniel, Juan e Xosé Rodiño. Na primeira carreira xa se viu que a presión atenazaba o brazo de Daniel que errou mais do habitual e non puntuou. Na segunda refíxose e conseguiu 2 puntos co que igualaba os seus rivais. Na derradeira carreira os tres fixeron un estupendo primeiro golpe pero o vento levou a billarda de Daniel ata un recuncho do terrero de xogo deixándolle un seguinte golpe mais que complicado casi imposible. Co segundo golpe Xose mete a billarda na portería. Daniel xógase o todo polo todo e ainda que consigue elevar a billarda e golpeala cara a porteria, sae fora a caron da banda. Juan tamén marca e empata con Xosé. No desempate polo título do aberto foi Xosé o gañador e quen merecidamente se levou o coello pinto de Suso, que pasará a formar parte da granxa dos Rodiño e fara compañía ó galo de Ginés (o Ateo de Ove).
A emoción estaba no mais alto, os xiareiros animaban a un e a outro e aplaudían os bos golpes dos campións. As cousas non son como empezan e así se demostrou en Remourelle, Daniel empezou forte e gañou as dúas primeiras carreiras pero Guille non se veu abaixo, cambiu varias voltas de billarda e conseguiu gañar as dúas seguintes co que todo seguía igual agás que o que gañara a seguinte gañaría tamen o campionato. Sae Daniel cun golpe a media pista, Guille resposta un pouco mais corto, segundo golpe do billardeiro musical que leva a billarda a dous metros do varal e Guille arrisca e consigue co segundo golpe introducila billarda na portería co que acada o triunfo: GUILLE CAMPION DA CONFERENCIA NORTESLE 2010/2011
No que atinxe a equipos, os Billardeiros Musicais achegáronse pero sin opcións a remontar, deste xeito son o equipo de “OS OUTROS” quen consigue o título de CAMPIONS DA CONFERENCIA NORTESLE 2010/2011.
A taberna de Lola foi mais unha vez o lugar elexido e axeitado para a entrega de premios e os correspondentes ao aberto foron deste xeito:
· 1º clasificado: XOSE RODIÑO, coello pinto entregado a pé de pista por Suso e Trofeo Bar Nevada
· 2º clasificado: JUAN, trofeo Bar Nevada
· 3º clasificado: DANIEL, trofeo Bar Nevada
Os trofeos para os campións da tempada foron doados de novo polo excmo. Concello de Ribadeo por medio do seu concelleiro de deportes Vicente Castro, quen se personou no acto e fixo entrega dos mesmos aos distintos campións.
Parabéns aos campións e a tódolos palanadores polo gran éxito acadado un ano mais e agardamos que a sorte os acompañe o vindeiro 29 de maio na area de Conxo, donde loitarán cos compoñentes das outras catro conferencias polos entorchados nacionais. Sorte e billarda sempre!