Nota de prensa
ISMAEL REGO AFIRMA QUE O HOSPITAL DA COSTA SUFRIU O MAIOR DETERIORO DA SÚA HISTORIA
-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego denunciou que nos últimos 2 anos a lista de espera estructural quirurxica incrementou en 38 días
-Dixo que o “Hospital da Costa celebra o seu 25º aniversario nunha delicada situación que supón un gravísimo deterioro producido nos últimos 2 anos”
-“Con este cadro de situación da sanidade publica da Comarca -proclamou Rego- derivada do deterioro do Hospital da Costa, quen o esta dirixindo ten moitos motivos para presentar a súa dimisión”
-O deputado do PSdeG-PSOE subliñou que “hoxe os cidadáns da Mariña camiñan 30 anos para atrás en materia de asistencia sanitaria”, e replica que “volven a anos dos desprazamentos de pacientes con traslados a outros centros de referencia a mais de 100 qm de distancia”
-Sinala que esta situación supón un risco serio de desmotivación para os profesionais que levan anos traballando a reo e comprometéndose coa mellora asistencial do mesmo
Burela , 5 de maio de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego afirmou hoxe en rolda de prensa, celebrada nas instalacións da agrupación socialistas de Burela, que o Hospital da Costa sufriu o maior deterioro da súa historia.
O deputado realizou hoxe unha valoración das cifras de espera do Centro Hospitalario, e asegurou que os cidades da Mariña sofren as listas de espera mais altas de todo o sistema sanitario de Galicia. Coas cifras na man denunciou que nos últimos 2 anos a lista de espera estructural quirurxica incrementou en 38 días. E sobre a lista de espera non estructural dixo “conten unha lista desorbitada, donde o PP agocha a miles de pacientes que están esperando consulta ou unha intervención”, e advirte que “non están contabilizados nas listas de espera que publica o Sergas”, espetou.
O deputado do PSdeG-PSOE subliñou que “hoxe os cidadáns da Mariña camiñan 30 anos para atrás en materia de asistencia sanitaria”, e replica que “volven a anos dos desprazamentos de pacientes con traslados a outros centros de referencia a mais de 100 qm de distancia”, e proseguiu “e volven as insoportables listas de espera, tanto para consulta como para intervención quirurxica”.
Farjas e Feijoo responsable da situación
“Con este cadro de situación sanidade publica da Comarca -proclamou Rego- derivada do deterioro do Hospital da Costa, quen o esta dirixindo ten moitos motivos para presentar a súa dimisión”, sentenciou. O deputado socialista puntualiza que non reclama o cese do Director do Hospital, “porque os que terían que cesalo, a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, son os máximos responsables da situación de deterioro dos sistema sanitario”.
A maiores Rego lembrou a rebaixa orzamentaria que sufriu o Hospital da Costa, dende a chegada de Núñez Feijoo á Presidencia da Xunta de Galicia, ademais de paralizar o “imprescindible proxecto de ampliación do Centro”.
Sinala tamén que esta situación supón un risco serio de desmotivación para os profesionais que levan anos traballando a reo e comprometéndose coa mellora asistencial do mesmo. E insistiu “con esta situación poden abrirse posibilidades para que algúns profesionais sanitarios teñan a tentación de abandonalo, diante da estratexia dos actuais xestores do Sergas de provocar cada día mais a súa descapatilización”, resumiu.
E concluíu “o Hospital da Costa celebra o seu 25º aniversario nunha delicada situación que supón un gravísimo deterioro producido nos últimos 2 anos”.